03-3-2013

musica danza e memoria




os tambores

e a danza na noite
en circulos concéntricos
que parten duns froitos da nai terra
e dos braseritos co fume do copal

esta danza mexica
tamén é un acto político
percusionistas e danzantes
tamén están pedindo xustiza
para os pobos orixinarios
para os indíxenas e os mestizos
diante da mesma gran porta
que pouco se divisa ao fondo
na que h.i.j.o.s. pola mañan
deixou a sua palabra

a danza coa musica
traballa a outra memoria

e detrás destes círculos
baixo os soportais doutro palacio
alguns corpos pasarán a noite

logo de mais de tres horas
para a musica e a danza
mañán voltarán

praza da fundacion