06-4-2014

mostra da barbarie




É realmente isto unha mostra?


Moita xente dirá que non, que o que aquí
se pode ver non ten valor ningún.
Por suposto, esa falla de valor é unha esixencia
das persoas que un día desexamos facer
estas combinacións de imaxes e palabras.
A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos
o uso do diñeiro e ao mercado e á industria
do ARTE. Antes disto xa rexeitaramos á industria
e ao mercado de todos os bens de consumo
que perpetúan este noxento sistema motivado
unicamente pola ansiedade imbécil
de gañar diñeiro.
...
...esta acción podería ser unha manifestación
dunha tradición viva e antiga que fala,
a quen quere e de modo negativo a quen no quere,
cun discurso de axitación político-contracultural.
Unha tradición disidente ancorada na autoxestión,
autopublicación e autodifusión e necesariamente
colectiva. Unha tradición chea de contradicións
que non se alínea en ningunha ideoloxía
de esquerda radical pero bebe de todas elas.
Unha tradición do antiprofesionalismo
e ultimamente anónima….

As obras de esta acción están liberadas
para copialas, modificalas, presentalas
con este o outro ou ningún nome,
ou para facer con elas o que se queira  
www.mostradabarbarie.wordpress.com