20-10-2011

canto euskadi libia




fado escuro

escuro canto de luto

a morte cobre estes versos
a musica do profundo
agarrame polo peito
co seu fado tan escuro

este canto das montañas
do deserto e das cidades
entre o lume e a palabra
camiña a humanidade
e con mais presa que calma

vou pola beira da ria
a noite de compañeira
as ondas unha elexia
este canto contra a guerra
fado escuro pola vida

canto de euskadi a libia
con tantas desangradas terras
fado escuro pola vida

manolo pipas

a estas estrofas
de hai unhas semanas

hoxe sumei os ultimos versos