16-4-2013

abandonada fabrica




as ruinas da fábrica

os ferros todo óxido
os retorcidos plásticos
abandono e pérdida

vida e morte o círculo
nas paredes grafitis máxicos
febreiro frío e vento húmido
nas xanelas asoman as árbores

dentro case todo estático
fora o mundo dinámico
hora punta tolo tráfico
pechase ese semáforo

o chirrido do portalón a música
os tons e as cadencias esdrúxulas
neste espacio e tempo tan cínicos
do capital na sua crise penúltima

o abandono e a pérdida
empresa hierros arteta en óxido
a nave coa sua parada mecánica
ai o voo dos fantasmas da fábrica

pipas

tomei fotos e empecei o poema
hai dous meses e medio pero marchei
logo entraron as maquinas arrasando
e seica agora van facer un supermercado