27-6-2018

romance dos canteiros 2

 

 

     ...
     duras pedras duras mans
     pazos fontes e muiños
     dos canteiros van falar

no seu destino descargan
montarán unha coberta
longo inverno baixo o frío
pouco quenta esta fogueira

estes muros collen xeito
con machóns dinteis xanelas
e no lado vai medrando
a precisa cheminea

segunda altura rematan
vigas e teito en madeira
xa ten forma un bo faiado
e despois toca o das tellas

    duras pedras duras mans
    pontes templos e canastros
    na memoria as manterán

e na fonte da gran vía
un tallista dos daquela
a un canteiro dos do monte
retratóuno na súa pedra

vouvos dar os seus dous nomes
que non quero que se perdan
o autor foi o raúl
e perfecto o da viseira

e polo barrio do castro
baixo os toxos e as silveiras
quedan restos doutras xentes
que habitaron esta aldea

tamen lembro a prehistoria
co seu culto a natureza
nas millaradas canteiros
grabaron cervos na pedra

     subo a freixo e matamá
    terra dos meus devanceiros
    nas variadas construccións
    sinto vivos aos canteiros


canastro de matamá
e a fonte do perfecto
e do raúl na gran vía

manolo pipas