20-6-2011

o palco da musica


o palco da musica

arquitectura civil
da musica un espacio
un templo todo aberto

o palco da musica
está no centro da alameda
no centro da vila
como corazon da comunidade

o palco da musica
que en tantas vilas e barrios
foi derrubado e borrado
pola senrazon polo sensentido

este palco da musica
dunha antes vila mariñeira
que tanto mar e vida perdeu
por recheos e mais recheos

este palco da musica
da veciña bouzas
resiste

manolo pipas