19-8-2017

terror nas ramblas

 


moito paseei polas ramblas
nas duas longas visitas que fixen
a barcelona entre os dous seculos

e noutras breves visitas crucei

as ramblas coas presas dos horarios

 

en barcelona teño bos amigos e amigas

e mesmo na cidade e arredores recitei

poemas polas culturas e linguas

e contra todas as guerras

tardei en escribir pero onte
rompin tantos versos como mortos
neste atentado-accion de guerra
ou acaso un bombardeo non é
tamen un atentato e terrorismo ?

e tardei pola raiba contra eses asasinos
os ideologos e as suas supostas ideas
e a raiba contra aznar rajoy e o pp
e as bases yaquis do estado español
por meternos nesta guerra

compartovos un poema das outras ramblas
esas que non saen estes dias na prensa
que escribira naquelas insubmisas visitas


http://www.envolventesaspalabras.info/

cronikas-de-tempos-de-crise/cronikas-

da-penultima-guerra/paseo-humanitario-1

o cronista