28-4-2013

na casa que queremos sempre nova




miña casiña meu lar
casa que queremos sempre nova

poucas veces entro nos museos
porque neles atopo moita distancia
e ás veces moi pouca vida
e ela está moi perto pura seiva

tiña pensado vir acá camiñar
nos xardíns entrar na sua casa
pero aínda non atopara o momento
e tampouco me convidaran

nesta terra neste pequeno val
nestes días de primavera moito frío
ao pequeno auditorio demoslle calor
coas sentidas palabras e músicas

na última casa de rosalía
compartir a emoción a paixón
e tamén a frustración e a raiba
a min puxome mui serio
outra compañeira puido
soltar as suas bagoas
todos nós compartimos
os nosos sentires


manolo pipas

escrito no mencer do día despois
a rochi alfonso maría miguel marta
anxo alba … a todas ás que interviron
e aos anonimos corazons da sala