01-11-2012

dia dos mortos




neste dia dos mortos
de pequeno levabanme aos cimeterios
coma un ritual desta sincretica tribu
do samain aproveitado polos cristiáns

o dia de hoxe deixei de visitalos
pero gosto camiñar por eles
algunha vez cando os habita
o silencio e a soedade
e prefiro ainda mais honrar
a memoria dos que se foron
nos lugares que compartin
con eles cando vivos

segundo un vai medrando
a morte faise mais presente
e nestes ultimos meses e anos
tiven que despedir a persoas proximas
e a compañeiros da miña xeracion

hoxe coa familia visitarei
eses espacios da tribo

manolo pipas

imaxe dunha conífera
do cimeterio de pereiró