11-8-2010

a clarinetista e o vento

nunha praza peatonal da cidade

a banda de musica fai unha viaxe sonora

mentres o vento está a xogar

cos longos cabelos dalgunhas rapazas



á clarinetista da esquerda

o vento unhas veces tapalle os ollos

e non lle deixa ben ler a partitura

e outras metelle alguns cabelos na boca

agosto 2010