19-7-2015

illa da memoria

 


fronte a praia de cesantes 

unha illa que son dúas

no tempo cantas viaxes


a illa de san simón

é un anaco de memoria

do tempo da sen-razón


o trinteseis que lonxano

que presentes as feridas

akí nós vimos cada ano

 

cada catorce de abril

cada dezaoito de xullo

a memoria é o fusil

 

ai illa de san simón

republicana memoria

late no teu corazón


manolo pipas