19-5-2013

os carunchos e o mar




polca do mar


Eu polo mar, ti tamén

os dous andamos perdidos,
temos a mirada triste
ollando tantos verquidos

O peirao non é peirao
dos mariñeiros do mar
se o seguimos estragando
adeus peixes pra pescar

Aí ven o aire do mare,
aí ven o aire mareiro
non é o aire de noutrora,
agora ten moi mal cheiro!

Indo polo mar abaixo
ouvin contar a serea
bota laios de tristura
di que xa non hai baleas!

O mar anda que desanda,
anda que desaparece
e as rías van morrendo
polos recheos que crecen

Teño lanchas teño remos
teño sardiñas no mar-e
teño a costa especulada
polos ricos a roubare!

tradicional/os carunchos

texto dunha cancion
do disco ti que
para presentar hoxe
na cultural de vincios