09-9-2011

poetico aberto circulo



PENÚLTIMO ACTO (acción poética),

vive entre versos e canta coa beizón da lúa chea
que as acubilla nas noites circulares e poéticas.
As nosas raíces saen dunha terra feraz
a carón dun río bulideiro,
onde rexurdimos con voces irredentas
que se alimentan das árbores do seu pasado.
Deitadas entre o alcacén e enchoupadas polas verbas
que se transmiten a través do vento maino,
sentimos o bico da natureza nos nosos beizos
e ficamos, soñando na leira longa das palabras...

penúltimo acto

un aberto circulo poetico
traza o penultimo acto
no café uf negra sombra
mañan sabado as once da noite
http://penultimoacto.blogspot.com