26-11-2015

os corpos e conciencias

 


os xardíns están cheos de vida

pero cada moneco coberto representa

unha muller asasinada por un home

e desde o sabado están no paseo

de castelao perto de travesas

atravesados na nosa conciencia

 

as persoas pasan e algunhas se paran

a ler o texto que acompaña cada corpo

o nome da muller se se sabe e a data

o lugar e como foi asasinada

 

chamei no edificio máis próximo

en varios pisos e pedin facer a foto

e logo de varios Nons desde o segundo

andar saquei os corpos e tres conciencias


ao final da manifestación feminista

o calzado colocado o luns na porta do sol

na memoria das mulleres asasinadas

foi retirado por mandato do alcaldísimo

parece que a loita contra o feminicidio

non interesa despois do 25 de novembro


a pesar de todo os xardíns

lonxe do hipócrita nadal

seguen cheos de vida 


o cronista