14-4-2017

estraño 14 de abril

 


que o catorce de abril
o día da república
sexa día festivo
é algo de agradecer
pero que caia en venres santo
é algo que molesta
a todo republicano ateo ou non


o vello republicano
fai a súa intervención
un pequeno discurso-mitin
el que era un cativo naquel 1931
e que daquela non puido festexalo
pero que  se gaba de ter ido
a unha escola republicana

o cronista