19-6-2014

coroación estado policial




como xefe deste estado

vai un novo militar
pra coroación dispoñen
un estado policial
no monárquico madrid
é dificil respirar

policías varios miles
franco-tiradores cen
que non se mova unha folla
que cumpren co seu deber
coa herdanza de franco
non te vaias ti meter

co borbónico milico
proibido discrepar
aos republicanos hoxe
non deixan manifestar
quedamos sen democracia
neste día policial

o cronista