17-4-2020

das letras confinadas


a dezasete de abril penso
nas letras de carvalho calero
o feito tantos anos agardado

pero as nosas letras
tamén foron golpeadas
pola pandemia do corona virus
e a pasividade dos gobernos
e temos as letras confinadas

coas escolas sen estudantado
interrelacionando coa súa obra
sen presentacións de libros
e tertulias e debates
sobre os traballos do mestre
sen murais nas rúas
nen recitas nos locais
sen concertos sen teatro…
sen a tradicional manifestación
anual do 17 de maio

os que mandan din de pasar
o día das letras galegas
para o 31 de outubro
polo cabodano de carvalho
pero outros que sentimos
a súa obra pero non mandamos
queremos a carvalho calero
nas letras do vindeiro ano

manolo pipas