17-5-2011

a chiapas de pereiro



(Octavio Paz escribiu hai moitos anos
unha frase que me ía servindo de bandeira,
entre a negra e a vermella: “La revolución
que viene es la fiesta, el principio del principio
que regresa”. Pero agora creo que xa non lle
interesa o pincipio dese regreso. E
podo pervertirlle a súa frase: “A Revolución
que ven é a de Chiapas, as víctimas maias
do principio que se rebelan, regresando a
un futuro desexado…” Todos somos Marcos!
Todos EZLN, nas selvas Lacandonas do que
nos foi prohibido!...)


(Amor e sangue en Chiapas)

Ando á procura dunha ollada súa

que me confirme a fé que teño nela
e avanzo a cegas coa maior firmeza
noutra rebelión xusta que interna
nunha urxente esixencia de certezas
para este corazón revelde e zapatista
obrigado a loitar polo evidente
cunha serea furia
antiga e sabia

Desde o amor que resiste ó que reprime
con ella por compaña como antes
ou eu só ben armado de nostalxias
deixareime invadir de sangue  maia
para que retorne á sua propia terra
ou consiga vivir outras mil vidas
en loita contra o mundo
se é preciso
crebándolle o pescozo
e desviando
á historia do seu curso
xunto coas mesmas víctimas
de sempre

lois pereiro

poema do seu libro
poesía última de amor
e enfermidade