01-12-2012

laverintos da palabra




uns poucos libros de pé
outros están sobre a mesa
agardando que os poetas
os collan e os vaian ler

queremos galego en marin
no morrazo estas palabras
e livres en toda a matria
seguimos a resistir

uns poucos libros na mesa
uns cadros polas paredes
e as voces da porta verde
con outras voces da terra

na noite logo a seguir
nesa ofisina chamada
laverintos da quintana
de mogor e de allariz

manolo pipas

do recital de onte convidado

por queremos galego marin
e a porta verde e compartido
cos poetas alfonso láuzara
asun estévez daniel costas
alba méndez e miguel alonso