24-1-2017

demasiado frío

 


a seca golpea en silencio
pero a nós non nos mata
e o frío nesta fisterra
é normal para este tempo
demasiado frío noutras rexións
hai cen anos que non nevaba
nalgunhas praias do mediterraneo
desde o país valenciá até o mar exeo

en cidades de toda europa
morren de frío os sen teito
e tamén morren moitas refuxiadas

o cronista