04-4-2014

desde a cidade-porto




vivo e nacín nesta cidade-porto

nunha poboación de costa e campo
que se asentou nun fermoso lugar
cunha terra e clima xenerosos

vivo e nacín nunha cidade-porto
que lle foi roubando espacio á ría
botando anacos dos montes ao mar
restos de construccións que non queren
e inmensos bloques de formigón
para medrar sobre as augas salgadas

vivo nunha poboación
que foi medrando e medra
como case todas de costas á terra
escríbovos desde unha cidade-porto
como case todas de costas ao mar
como case todas de costas ás persoas

manolo pipas