16-4-2015

a activista e o bankeiro

 

 

cando unha persoa

fai tanto e tanto dano

anda sempre con escolta

e ten medo de que alguén

se lle acerque a dar un sopapo

 

merecido pero non llo deron

e é patética a expresión

do gran xefe da banka europea

que se caga polos pantalóns

 

nunha rolda no corazón do imperio

o señor mario draghi non é atacado

a activista entregando un manifesto

somos donas das nosas vidas

defendese de tanto e tanto atraco

 

a pacífica activista josephine witt

bótalle papeis ao inhumano bankeiro

ke podían ser inxustas sentencias dalgúns desaloxos

confetis feitos cos despidos ilegais das traballadoras

ou de inxustas condeas dalgúns pacíficos revoltosos

 

o cronista