22-10-2017

cronika desta golpeada terra

 


coma cada domingo ou sabado
que nos manifestamos en compostela xuntamonos
e saimos de debaixo das arbores da alameda
camiñamos o asfalto entre edificios de cemento
e camiñamos as pedras entre casas e casonas
de granito das nosas vellas montañas
que no seu tempo baixaba en carros
de madeira das nosas arbores...

vale mais unha terra con arbores
nos montes que un estado con ouro
nos bancos escribiu castelao
e esta frase estivo presente na chea quintana
pero el falaba da nosa terra de arbores
cando habia mais carballos que piñeiros
e os arcolitos so eran arbores ornamentais
e onde estamos agora?

a manifestacion contra a lei de depredacion
defendeu esta terra das empresas que a saquean
as empresas todas se construen sobre ela
e a quintana foi levada en bolsiñas
terra queimada de moitos lugares do pais
e nas letras contra o lume pintadas no chan
da quintana puxeronse as bolsiñas acompañadas

de follas e landras de carballos

estamos cercados polo lume
e rodeados de terra queimada
pero hai algo ainda moito peor
estamos cercados polo pp-psoe

na alameda e na quintana
tamen estiveron os bombeiros forestais
coa sua afumada roupa de traballo
e topeime a un compa apaga-lumes de baixa
por unha doenza no corazón e o domingo
na casa o corazón doeulle ainda mais

e nós voltamos a alameda
e baixo as suas arbores e a beira
da charca dos parrulos comimos
e bebimos o que nos regala a terra

o cronista