19-10-2021

volcan da illa bonita


un novo volcán na palma
gases lava pedras cinzas
golpean isla bonita
terra da volcánica alma

campos casas destruídas
cumbre vieja cumio novo
faise e desfaise ese cono
cambiante illa bonita

este irmán do teneguía
e curmán do taburiente
faille dano a moita xente
mais logo lles dará  vida