Outubro 2022

16-10-2022

cinco outonos despois



andaina freixomatamáfreixo
do lume cinco outonos despois
abandono moito abandono
ai mui pouca recuperación

comunal a nosa andaina
camiñan maiores e cativas
lembranzas bágoas e landras
contos e poemas camiñan
changrande e plantabosques
ai camiñando pola vida

andaina freixomatamáfreixo
do Lume cinco outonos despois
cantos lumes dende aquela?
mentres segue a senrazón


debaixo do solitario freixo
ai compartimos as emocións

na foto anxo moure e cativas
rimas manolo pipas


14-10-2022

fillas e fillos do monte

vai e ven moita calor
para estes días mediado outubro
moita calor como hai cinco anos

hai algo máis de humidade
e sopra moito menos o vento
pero o monte case todo
está muito peor que daquela
máis golpeado máis alleo
e máis perto do lume
e nós fillos e fillas do monte
máis vellos e con menor enerxía

polo monte comunitario moitas

quedastes mañán en compostela
uns poucos nos veremos en freixo

no medio do monte


o neto do freixeiro