30-11-2019

a lua pensa na terra


                     a patricia 

rico o sistema solar
o sol venus terra lúa...
todos eles a rodar

a terra vai ben coa lúa
día e noite dando voltas
satélite din da segunda

a lúa chiquita e grande
pensa na irmán maior
nestes anos tan distante

a lúa mira pra terra
- tolos andan os humanos
estragando o seu planeta

terras augas firmamento
teñen moi ferido o clima
xa perdimos moito tempo

vaise quentando o planeta
do capital e o consumo
somos coma marionetas

- terra planeta querido
que é o que tanto che doe
- todo dos andes ao miño

- terra naiciña querida
millóns de homes non merecen 
ese aire que respiran

manolo pipas