19-4-2015

tratando o tratado

 

 

este pequeno texto

trata dun asunto tremendo

dunha anunciada traxedia

 

ponto primeiro

trataron eles sós o asunto

e non nos pediron opinión

 

ponto segundo

eles son unha pequena minoría

e nós a inmensa maioría

 

ponto terceiro

tratáronnos mal e vannos tratar peor

 

ponto cuarto

e agora que facemos !?

co tratado de libre comercio e investimento

de livre explotación represión saqueo …!?

ir por eles e vencelos

 

o cronista