25-12-2011

as rodas de neira vilas




unha vella casa de pedra

coñecida como a casa do romano
onde nacera e vivira o cativo o mozo
e a onde voltara o escritor do balbino
vello pero mozo logo da emigracion

unha bermella porta entreaberta
a roda do carro que parou o seu camiño
unha silla por se ti ves canso de andar
unha vide que se perde fora da foto
a fermosa estampa que segue co buxo
a oliveira e o acibo e abaixo a aldea

unha vella casa de pedra
chea das memorias dun museo vivo
as ferramentas do campo o forno
os cadros os libros o vello pupitre
o timon do barco a roda do afiador
barco fundacion xosé neira vilas
a casa e a roda da accion cultural

manolo pipas

a visita e a foto son de hai uns dias
co poeta
miguel o forxador e familia