10-3-2010

o vento de juchitán

o zocalo de juchitán
ainda está todo levantado
e por debaixo dos arcos
uns sen casa que se erguen
e o vento tamen se levanta

a bicicarretilla do mercado
ten tres rodas e dous pedais
pero so unha perna que a move
caen unhas calidas pingueiras
e o vento segue camiñando

os xigantes muiños de vento
de fenosa e as suas colegas
seguen a ser unha ameaza
para a terra animais e persoas
e o vento do istmo que non para

unha necesaria visita
na radio comunitaria totopo
milpas guaraches e paliacates
as comunidades e as resistencias
os poemas do vento do istmo

juchitán 10-3-10