09-9-2016

e os excluidos tamen votan

 


eleccións campaña electoral

as terceiras en nove meses

 

o partido do goberno en funcións

fai campaña e tamén a oposición

 

a sanidade fai campaña

e os enfermos poden votar

os bankos fan campaña

e os roubados poden votar

 

o camiño de santiago

anda en campaña

e os seguidores do luar

seica tamén votan

 

as víctimas de angrois

os botados da súa casa

e todos os excluidos

seica tamén votar poden

 

os símbolos franquistas

andan en campaña

e os políticos corruptos

seica poden votar

 

a educación a lingua

o leite o naval a celulosa...

andan en campaña

 

os que tiveron que emigrar

e os cercados polo lume

moito teñen que decir

 

o cronista