18-4-2013

o miradoiro e as vistas




miradoiro das boas vistas

e alguns podedes pensar
que é unha redundancia
pero nas suas boas vistas
hoxe non imos profundizar
con esta imaxe da ria
que xa non é nosa

pois as veces desde un miradoiro
o que mellor se ve é unha contaminante celulosa
un grande e noxento edificio nunha pequena illa
centos de muiños de vento sobre as crestas da serra
e mellor non sigo

desde a peneda
boas tardes boas vistas
boas lecturas

o cronista

este domingo vinteun
hai unha andaina polo galiñeiro
na sua urxente defensa
manifesto poemas e cancions