02-4-2013

o sorriso da hamaca




o mínimo patio

na primeira hora
o vai ven da hamaca
neste país que non sabemos
se vai ou se ven
as vellas paredes brancas
o piso cuadriculado
na esquina unha planta
o cartel de non á guerra
os guaraches o camiño oaxaca

o minimo patio
o sorriso da hamaca


manolo pipas

a theres e orlando