25-1-2014

memoria do xabarin




xabarín 18
18 anos dun proxecto normalizador
un libro e unha exposición de cadros
clausurada hoxe na libraría andel
con poemas relatos cancions e debuxos
e impulsada por dous centros de ensino
eei monte da guía vigo e cep sequelo marín

a mascota o amigo o herói...
as lembranzas das que medraron
coas suas modernas cancións
e a ollada critica daquel tempo
e do noso tempo dos fillos do xabarín
co seu mundo medio estragado polos darriba

18 anos dun proxecto normalizador
entédese que con el a pesares do poder
se normalizou un pouco o galego
pero tamén con el se normalizou
a televisión do fraguismo

eu non puiden participar
neste colectivo e nesesario libro

pero fun combidado a recitar
e compartín poemas doutros animaliños
ai miña galiña azul xa publicado aquí
e o cabaliño de buxo que vai logo
a imaxe da cronika é dun cadro
da exposicion que tamén vai no libro

pipas