31-7-2015

entre a pedra e o carballo

 

 

monte dos pozos do freixo

entre o carballo e a pedra

unha cova eu imaxino

coa súa entrada coberta

 

baixo a pedra e o carballo

quero pensar nunha cova

imaxínome unha lenda

o misterio dunha moura

 

polo freixo valadares

seguimos coa imaxinada

esta cova baixa e sobe

e chega ao monte da alba

 

entre árbore e granito

baixo o carballo e a pedra

unha cova eu imaxino

imaxino moura e lenda

 

manolo pipas