20-1-2017

novas do exterior e musica

 


a música de eleni karaindrou
acompañóu a presentación das crónicas
das moitas demasiadas viaxes ás prisións
de xosé luís e vitoria para ver ao seu fillo
antom santos inocente preso político

na presentación por rafa tareixa braulio
francisco e xosé luís escoitamos falar
desde o actual preso até aquel cativo
do mestre de historia do activista
do alunno do amigo do fillo
do home discreto...

entre música e libros

na libraría andel novas do exterior

63.000 quilómetros de viaxes á cadea
e desde a escrita do libro xa van
algúns miles máis e máis crónicas

logo da presentación dixome xosé luís
a quen coñecín hai 20 anos cando os dous
puxemos os nosos versos no vis a vis
o libro de apoio aos insubmisos
cuarteleiros presos elías e ramiro
díxome que esa música grega
o acompañaba cando escribía as crónicas
e agora busquei esa música para escribir
e sumala as músicas que a min me acompañan
nas envolventes crónicas e noutras escritas


o cronistainsubmiso