07-4-2014

da mostra da barbarie




esta mostra da barbarie

combinacións de imaxes e palabras
é algo máis que unha mostra
é unha probocación unha axitación
un remover a memoria a realidade
os sentimentos as utopías...

a barbarie pode ser chamada
a explotación máis atroz
a sen-razón a violación o terror
e a penúltima fase do capitalismo

a arte colectiva e livre
pode ser unha defensa contra a barbarie
pero as artes moitas veces están co poder

combinacións de palabras e imaxes
cada lámina da para unha boa análise
dúas láminas dan pe para un manifesto
tres láminas poden ser unha barricada
…..

as láminas da mostra da barbarie
colgadas suspendidas aprobadas
sobre palés pintados de negro
co fondo bermello das paredes
e non podía ser doutro xeito

o cronista