12-10-2020

hispanidade e xenocidio


na nosa inxusta e sucia cidade
teñen a rúa colón e a de hernán cortés
a rúa pizarro e a avenida hispanidade
nomes de rúas que por desgracia
tamén teredes nas vosas urbes

sería un pequeniño acto de xustiza
mudalas pola rúa dos caribes
a rúa dos mexicas e a dos incas
e dos diversos pobos indíxenas
e pola avenida do xenocidio
dese non descuberto continente

na nosa desmemoriada cidade
non hai estatuas de conquistadores
para pintar ou derrubar
pero si de moitos militares
e tamén hai bustos para homenaxear
como os de bolivar e martí