28-10-2013

noces e castañas




algo despois das noces

chegaron as castañas
estas que che son lisas
as outras arrugadas

sabrosos froitos secos
que a terra nos regala
das arbores do outono
en grupo ou solitarias

as noces casca dura
castañas de pel branda
eu vou poñer as noces
e ti pos as castañas

versos 11-2012
imaxe 10-2013