01-5-2010

memoria dun fuxido

primeiro poema da memoria da guerra



a manuel gonzalez o fresco



o fresco vai pro monte

pretende resistir

o pobo baixa os ollos

calando o seu sentir



alguns cruzan a raia

e xa non voltarán

queren borrar seis anos

nen con sangue será







nos montes que el coñece

debe vivir fuxido

e vai collemdo forma

un diario convencido



alguns hoxe lle axudan

mañan unha traicion

e logo serán balas

buscando un corazon



a morte presentida

vai pechar o seu libro

a lenda vai medrando

memoria dun fuxido



manolo pipas



texto publicado no libro

a porta verde do sétimo andar

e recitado onte en vigo

nun evento pola memoria

do xenocidio galego

durante a guerra e a dictadura