10-2-2019

golpeada sanidade

 


debaixo das saudables árbores
a consigna a protesta a necesidade

cando a atención
primaria non é digna
xa imaxinamos
como pode acabar o conto

privatización precariedade
falta de persoal e medios
contratos trampa …
escoitamos e lemos
na manifestacion de compostela
os recortes coas irregularidades
seguen traendo mortes

a sanidade non se vende
pero ela xa é un negocio
e dos mais noxentos
e xa hai que esixir
que o vendido sexa
devolto ao público


seica en madrid
se manifestaron outros
mui pouco saudables
pero que se esqueceron de levar
con eles a momia de franco
eles precisan unhas boas vacinas

o cronista