29-4-2016

revolto abril francés

 

 

da memoria do abril portugués

a este revolto abril francés

os fillos e as netas do maio do 68

levan un mes movilizándose

e o país veciño está medio parado

contáronme hai un rato que a policía

lle sacou un ollo a un manifestante

e para iso seica lles pagamos

e tamén din que hai policías feridos

e iso laboralmente chámase

un accidente de traballo

 

e que piden os silenciados 

manifestantes estes días en francia?

piden liberté igualité fraternité...

pero que sexan de verdade

esixen que cambie case todo

 

escrito e recitado onte

no micro aberto traba-lingua

café de catro a catro con versos

polo terremoto decuador o 25 dabril

as caixas refuxiadas e as viaxes

e unhas palabras por diego cangas

 

manolo pipas