16-1-2017

novas do exterior

 

 

Novas do exterior
63.000quilómetros de viaxes á cadea

Hai libros que nos alimentan
porque a través das súas páxinas encontramos
palabras, conceptos, ideas ou mesmo un espírito
que nos abre sendas de despregue e coñecemento.
Hai outros, coma este, que tocan
algo no máis fondo de nós,
feríndonos desde a dura realidade
que reflicten e facéndonos reconsiderar
o noso lugar no mundo e son,
sinxelamente, necesarios.

En Novas do exterior
63.000quilómetros de viaxes á cadea
hai unha fronteira que divide o mundo,
a que forman os muros e os arames da prisión,
e tamén quilómetros e quilómetros de estradas,
percorridos co desexo de achegarse a un ser querido,
de reducir a distancia que o serpara do fogar.
Crónicas dunha viaxe, a do autor e a súa compañeira,
para ver o fillo, arrastrado polo espectáculo
político construído arredor do que deron
en chamar Resistencia Galega,
e detido nunha operación policial na que foron
usados procedementos tristemente próximos
aos de tempos en aparencia xa superados.
Un fillo condenado ao afastamento xeográfico,
o illamento carcerario
e a incerteza do próximo destino.

Este libro lémbranos –perante a impunidade
dun sistema que precariza a liberdade propia
de cada cidadán– que a revolución do cotián
é a mellor forma de resistencia,
e que fronte á violencia do Estado temos armas
que non disparan, senón que vencellan
os seres humanos: un activismo de xestos solidarios
que racha os muros das cadeas.
Fronte á fala burocrática da administración
carceraria e a súa visión unívoca,
fronte aos berros e a linguaxe autoritaria,
temos palabras que conversan e comparten.
Fronte aos edificios grises e enreixados das prisións,
que levantan muros entre a xente,
posuímos a arquitectura colectiva dos afectos,
a construción vagarosa, mais tamén firme,
dun espazo común de liberdade.

Texto de presentación do libro
de Xosé Lois Cabanas

editado por axóuxere
que fisícamente será o xoves
19 as 20.00 na libraría andel