12-11-2011

traballos forzados




a guerra e uns dos seus presos

o campo de concentracion
e logo un batallon
de traballos forzados
dous mil represaliados a pico e pala
construindo unha estrada no pirineo
e malvindo na escola da vila

un home case forzado á fuxida
detido e asasinado como exemplo
para todos os seus compañeiros
a finais do ano trintenove

setenta anos despois
uns vellos non queren morrer sen saber
onde está enterrado o seu irman
e por fin os seus restos lles son devoltos
e celilio gallego garcia volta a casa

con eles o calzado da frustrada fuxida
e o lapiceiro da supervivencia
ese co que se expresaba e se comunicaba
coa familia a pesar da censura

o cronista

do documental 827 km sin retorno
emitido no negra sombra o pasado venres
na segunda mostra de documental
alternativo utopiacinema.blogspot.com/

11-11-2011

estado do ben-estar




defender o estado do ben-estar

con ofrendas para o deus consumo
estragando a terra e o mar
fame no terceiro mundo
no primeiro mundo a fartar

manter o estado do ben-estar
sen que importe o seu coste
pan para hoxe fame para mañan

a base do estado do ben-estar
é o consumo polo consumo
o despilfarro e a excesiva comodidade
outra cousa son as conquistas sociais
o traballo pero non a explotacion
as pensions a educacion a sanidade...

o cronista

posdata
as fundas seguen coldadas na rua
e fanlle sombra aos noxentos

adornos navideños
e hoxe 11 do 11 do 2011
alguns anuncian o fin do mundo
outros xogan moito a lotaria
e nos imos recitar a allariz


10-11-2011

boa lua




xa é noite

outro dia máis
a dormir amiga
cecais soñar

na distancia
terra e cultura
moitos afectos
e boa lua

bo levantar
moi bo dia
amiga lectora
se é pola mañán

lariño

09-11-2011

castañas na rua




camiñando pola rua
daquela esquina chega
o arrecendo a castañas

dezaseis castañas
asadas
por un euro
cada castaña sae
como a seis centimos

os quentes froitos van
nun cucucucho de papel
na paxina de economia
que para pouco mais
serven os periodicos

08-11-2011

do teatro grego




a palabra grega theatron

lugar desde o que se olla

o teatro grego era un lugar publico
un espacio para a representacion
para compartir co pobo
as distintas artes escénicas
a danza o canto a traxedia a comedia
o teatro grego
construido con puras matematicas
aproveitando unha pendente
semicircular para unha boa vision
e ainda mellor acustica

o teatro era levantado
entre o espacio divino arriba
como o templo do partenón
e o espacio urbano abaixo
as gradas a orquesta os coros
os traxes as mascaras …


o cronista

posdata
todo o pobo podía ir ao teatro
mesmo alguns escravos como acompañantes
pero sen escravitude nunca haberia teatros
case como agora entre o futbol
a television e outras mascaradas


07-11-2011

das traxedias gregas




zeus afrodita ulises e penelope

os sofistas sócrates platón
aristoteles pitágoras arquímedes
esquilo sófocles safo homero
dórico jónico e corintio
o partenón a acropolis o anfiteatro
as thermas as olimpiadas
a primeira democracia
kavafis e theodorakis
a resistencia grega contra a dictadura
e a destes meses contra o capital
ai as traxedias gregas

ai a traxedia clasica grega
e a moderna traxedia dos gregos
e din que grecia non vale nada
canto vale pois o fondo
monetario non-internacional?

ese pais que chamaban grecia
que perdeu a sua pobre democracia
nas mans do dólar e do euro
ai o cabalo de troia

o cronista

posdata
de cronos palabra
grega tempo


06-11-2011

fundas contra a crise




hoxe domingo

os tres sindicatos maioritarios
sairon a rua nunha protesta
contra a especulacion e polo emprego

un domingo para cubrir expediente
como ir a misa como unha procesion
parece que lle teñen medo ao capital
que non o queren molestar


estas fundas estes monos da imaxe
que colgaron os parados do naval
esta semana á beira dos asteleiros
e no centro da cidade de vigo
conciencian moito mais
que unha manifestacion en domingo

unha aperta
dun desempregado mais

o cronista

05-11-2011

follas do outono




camiñamos

sobre as follas do outono
será outono no courel
na serra e nos seus bosques
nos soutos e en cada un
dos seus castiñeiros
será outono

camiñamos
sobre as follas do outono
será outono na costa da morte
nas praias nos coidos
nos acantilados e nas illas
nas ervas namoradeiras
será outono

camiñamos
no parque da bouza
sobre a erva
e sobre as follas do outono

lariño

04-11-2011

de tinduf a chiapas





nunca estiven no deserto

cos seus extremos naturais
de abrasador calor de dia
e tremendo frio de noite
este deserto con tan pouca vida

nunca estiven en tinduf
e nos seus campamentos
de desprazados dunha guerra
cos seus extremos dos homes
de miseria e solidariedade

non coñezo o deserto e tinduf
pero coñezo so un pouquiño
a montaña e a selva de oaxaca e chiapas
cos extremos da natureza e os dos homes
teño visitado comunidades golpeadas
e golpeados presos politicos
á beira dunha inmensa biodiversidade
para manter ao mal goberno
e as transnacionais e a sua desfeita

de tinduf a chiapas
os extremos da natureza
e os outros extremos dos homes

o cronista

03-11-2011

tinduf e cooperantes




tinduf é un lugar

poboado do deserto
seica unha provincia de arxelia
tan perto do sahara coma de marrocos
e habitada por miles de refuxiadxs
saharauis en campamentos
provisonais que xa son pemanentes

tinduf irmanado con xixón e avilés
tinduf visitado por activistas e cooperantes
que non sofrira antes un golpe como este
e outras duas cooperantes
tamen secuestradas dias antes en kenia
e en abril un cooperante
asasinado en terras de gaza

refuxiados
activistas e cooperantes
as veces tan perto
pero tan lonxe

todas somos ainoa
todas somos layla
zahra aminetu yadira...

o cronista

Distribuir contido