03-4-2011

na outra banda do mar


Na outra banda do mar construen o navio:

o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construir a torre de cristal da miña infáncia.
Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben
que no interior da quilla está a médula mesma
da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.

Que cando no remate ergan a vela, e a enxárcia
tremole vagarosamente no ar
será o meu corazón quen sinta o vento,
será o meu corazón.

antón aviolés de taramancos

poeta e taberneiro de ida e volta
entre noia colombia e noia
texto de As torres no ar


02-4-2011

noia poetas e xeografia


noia no fondo da ria de muros

noia no principio da ria de noia
na ria da illa das crevas
na ria do castro de baroña...

noia lugar de parada no camiño
de compostela a corrubedo
entre o barbanza e a costa da morte
e para min que foi enigmatico
lugar de paso tantas e tantas veces
entre vigo e o maldito chapapote
lariño lira cee muxia camelle
o pindo e outra ver kaarrrrnota
e o regreso outra vez por noia


noia a vila do poeta e mestre
antón avilés de taramancos
e a mitica taberna que outra vez
non estaba para que eu entrase

noia o espacio de encontro
do colectivo sacou de poetas de outes
onte a noite cos poetas do setimo andar
dos outros andares e da planta baixa
das tabernas e dos centros sociais

de noia a vigo

posdata
cando aparcamos nos cagou
unha posible larus argentatus
unha gaivota pois amigos sacou



01-4-2011

un de abril de 1939


un de abril de mil novecentos trintenove

desarmado el ejercito rojo dia de la victoria
vencido o des-unido exercito lexitimo
case vencido o pobo republicano
acabou a guerra e seguiu o xenocidio
pero tamen seguiu a resistencia
os maquis os fuxidos os topos
as viuvas os orfos os exiliados a verdade
o longo e dificil camiño da memoria

un de abril setentedous anos despois
e a presencia e mentira da guerra e do franquismo
ainda está mais forte que a memoria republicana
cambiaronse alguns dos nomes franquistas
de moitas ruas prazas e edificios publicos
retirarons estatuas e condecoracions
levantaronse algunhas fosas comuns …

retiraronse as metalicas letras dos nomes dos mortos
dos vencedores en moitas das fachadas das igrexas
pero ainda segue labrado en pedra o nome
do lider da falange vilmente utilizado
e esta cruz dos caidos do monte do castro de vigo
aquí está cada dia mais desafiante


31-3-2011

de nucleos e enerxias


delicados complicados

conceptos nos que reparar

a fusion é un cambio de estado

o reactor é un corpo que volve a actuar

a enerxia é unha forza activada

o nucleo é a parte central do atomo
o corazon pois

cantas fermosas palabras
e para que ?




antes dela
nos xa tiñamos
bastantes problemas

lembras hiroshima ?
servirá para algo
esta fukushima ?




30-3-2011

pan de mortos e vivas

a chava e odette e familia



este que vai na imaxe

é un pan de mortos
do texcoco do anahuac

masa á que din forma
convidado nunha casa
un trinta de octubre

a foto é de hai un dias
ano e medio despois
deste traballo colectivo

a avoa e texcocana familia
fixeran masa e forneado
e cada un de nos uns pans


eu deralle forma á mazorca
á calabaza á estrela ...
que nos fomos comendo

e dinlle forma a este ser
que quixen gardar comigo
sen pensar que durase tanto

ser que das miñas mans sae
a miudo en forma de papel
e que vou regalando


29-3-2011

no medio da musica


un dia de sol

no medio da semana
mediado xa marzo
na cidade medio dia
no medio da rua
a musica

musico da rua
do escenario musico
no medio da rua
un medio de traballo
precario

medio dia
na rua
melodias

no medio da rua
a rua tamen é
unha escola

musico e arpa
dous corpos nun
duas mans
trinteseis cordas
para dez dedos

medio dia
na rua
melodias

a 17 de marzo

mañan 30 david muñoz
actua na noite en vigo
na cantina candela


28-3-2011

da reconquista e outras guerras


imaxinadevos por un momento

que este planeta e as suas civilizacions
duran outros douscentos anos mais
ou un pouco menos que eses poden ser moitos
imaxinadevos que no espacio fisico
que agora ocupa o estado chamado  libia
hai unha festa cunha representacion teatral
dalgunha guerra do seu pasado
imaxinadevos aos habitantes
deste pais nun hipotetico futuro vestidos
como os civis do seu pasado que é o noso presente
vestidos de militares do exercito e do bando revelde
e vestidos de militares ingleses yanquis españois
e franceses como estes que imitaron
nesta imaxe da festa da reconquista de vigo
que lembra as batallas de hai douscentos anos

din alguns historiadores que hai douscentos anos 
os militares franceses trouxeron morte a este pais
pero que os civis que viñan con eles
traian mellores formas de vida que as do rexime
e preguntome que levan estes dias a libia
os militares que bombardean as suas cidades

onte logo das representacions
noutra praza o grupo aquella cantou
o poema de celso emilio irmaus

27-3-2011

pasei polo teu barrio

palabras na memoria
de berto gonzález poza



o mercores pasei polo teu barrio
e desvieime do camiño para facerlle
unha foto a vella arbore da doblada
aí segue como simbolo como memoria
dun tempo que tampouco nos vivimos

o xoves estiven nunha convivencia
e preguntei por ti e removimos aquel tempo
o tempo dos insubmisos e dez anos sen mili
e este decrepito pais xa se meteu noutra guerra
e lembramos o teu outro tempo da ceramica
esas mans que sacan novas formas berto
e falamos dos amigas comuns e das crianças
que coma onte nos xuntan nunha casa amiga
e falamos tamen dos outros que se foron
e de lonxamos paises das viaxes da memoria

o mercores pasei polo teu barrio
e desvieime do camiño para facerlle
unha foto a tua vella arbore da doblada
necesitaba esta imaxe para acompañar
uns versos que ainda non naceran
que agardaron estes poucos anos para sair

26-3-2011

poetas en radio piratona


o colectivo a porta verde

publica no seu espacio da rede
unha colectanea de imaxes        
dun recital na radio livre piratona

poetas ao micro cos seus versos
e coas desventuras do colectivo
dos libros e das presentacions
da republica portaverdiana

e imaxes cotiás do encontro
para grabar esas palabras

nas paredes da radio cartaces
de eventos e contraventos
de encontros e desencontros
de asambleas ceas entroidos
e outras mascaradas

os poetas do publico setimo andar
falan das suas cousas no baixo
clandestino da radio livre piratona
e un dos compañeiros olla nas paredes
os seus propios fantasmas


25-3-2011

baleiro anfiteatro


o noso anfiteatro está baleiro

digamos que nel non hai publico
no seu palco hoxe non hai musicos
e tamen baixou o telón do inverrno

ai castrelos co seu anfiteatro
as suas bancadas están baleiras
a luz vaise movendo sen presa
as arbores os seus gomos botando

escoito a musica coa lembranza
destas bancadas cheas de enerxia
de bo publico entregado en travesia
nunha libre embarcacion verdibranca


Distribuir contido