21-1-2018

elefantes na tarara

 


elefantes na tarara
literaria  e  musical
co seu arrecendo a mar
presentes as refuxiadas,
o libriño ven da garda
tamén mar de catro a catro
elefantiño da os pasos
chanzos moi humanamente,
capitanas e grumetes
que vaia lonxe este barco

din que a solidariedade
é un grande pozo sen fondo
sen fondo lagos e mares
dende grecia até o congo...

elefantes de papel
de relatos con sabores
os corazóns con razóns
namoros  e  des-amores
e contra os males do mundo
moitos lápices e cores


décima cuarteta e sexteta

recitadas onte na tarara

co poema tegra soña con áfrica
para o libro elefantes de papel
de maría salinas e berto pirata

e os proxectos solidarios

con-razones e lápices y colores

manolo pipas