Septembro 2021

25-9-2021

da volcanica illa


logo de anos avisando
a toda esa vida da illa
que outros coma el crearon
xurdíu un novo volcán

vexetais e animais
logo se deron conta
e os últimos en enterarse
fomos nós os humanos

 



16-9-2021

das celebracions


celebrar o nacemento dunha cidade
con bombo platillo campás e foguetes
deixa a demasiados fora e silenciados
e tamen ven sendo omitir as inxustizas
que ela comete sobre o campo

celebrar a historia dun templo
seguro que ten pouca memoria
coas celebracions anteriores
co templo e ritos que puido sustituir

mellor celebrar unha lingua
e as palabras que conserva
das linguas que lle precederon
e as palabras novas que paseniño  
que de vagar foron entrando nela...



11-9-2021

onces de setembro


planeta terra
a once de setembro pois

once de setembro
en catalunya a diada
a súa festa nacional
co país aínda máis dividido

once de setembro
en nova iorque a capital
do país-imperio que máis
terror practica no mundo

once de setembro
en chile aquela democática
revolución masacrada
aqueles cantos truncados