09-11-2012

testemuñas de pranto




Dos meus ollos de medo verten ríos de chuvia,

do meu alento orfo foxen as musas todas,
camiñan en ringleira espidas e caladas,
as mesmas que roubaron as esencias da dozura.

Quen che negou amor, as mantas do teu leito?
Quen prantou no monte a arbre máis tristeira,
que eu, terra amada,
non souben darlle a saiva
para que en mín, toda ela, poidera afondar?.

Tan soio me deixaron testemuñas de pranto,
un doloroso gris de cinsas namoradas,
as mans ensanguentadas cos cravos da roseira,
o corpo mutilado cos menceres da impotencia.

tino baz

do disco cinsa namorada
o trovador da guarda canta hoxe
as dez e media da noite na casa
gallardo no alto de puxeiros

08-11-2012

letras de amor e guerra




Iniciei travesia nestas páginas

na procura de portos que ganhar.
A promessa da liberdade e da paz
preside a nosa luita por reinventar o meio.
Onde estás, libertatia?
Se calhar no coraçom
desta galerna asfáltico-electrónica


Resistência
No povoado irreductível
Fero castro
Utopia guerreira, livre
Perante os ferros assasinos do desengano

A beberagem secreta leva o teu nome

A praia resiste e a fraga também
Mas lança-me o teu ouveo indígena

Indica-me o caminho...

ramiro vidal alvarinho

letras de amor e guerra
publicado por q de vián cadernos
presentase xoves 8 as 20:14
na livraria paz de pontevedra
sabado 10 en compostela as 12:30
na livraria couceiro e as 20:30
en vigo na cova dos ratos
portada maría josé lópez
aportaverde.blogspot.com


07-11-2012

fonte á beira mar




nunha rocha

sustraida ao mar
a suspendida auga
a fontiña a manar

o coro das ondas
e unha voz soa
a cantar

lariño


06-11-2012

atlas de chaguán




Chaguán é un espazo de ruinas: o resultado

da opresión sufrida durante séculos.
Compre examinar minuciosamente
a quen predica a liberación. Podería ocultar
un desexo de dominación do que non sempre
queremos ser conscientes. En moitas ocasions
non se ama o que se di, nen a quen se lle di.
Esta ausencia de amor reduce o noso potencial creativo,
limita a imprescindíbel capacidade de colaboración
e provoca este aire irrespirábel. A vontade de construir
algo propio dende a auténtica intemperie politica
e cultural,faise urxente.

rosa enriquez

o seu libro atlas de chaguán preséntase
o xoves 8 de novembro as 11.30
na facultade de filoloxia galega de vigo
e as 20.00 no café de catro a catro
r xerona 3 travesas
editado por cadernos q de vian
imaxe da portada do libro de leandro

aportaverde.blospot.com


05-11-2012

estraña estrela




estraño astro

de cinco puntas
cada unha delas
de distinto longo
coma cada membro
dunha familia

imaxe dun anonimo
chan de baiona perto
do muro anterior

04-11-2012

dos presentes




grabadas estas letras
na fachada de moitas igrexas
demasiado presentes

cada vez que escoito ou leo
as palabras dos dirixentes do pp
desde o herdeiro de aznar
até o ministro da in-cultura
e a mala-educacion

sinto o franquismo mais perto
e demasiado presente

o cronista

imaxe destes dias
dun templo de baiona


03-11-2012

libre te quiero




Libre te quiero

como arroyo que brinca
de peña en peña,
pero no mía.

Grande te quiero
como monte preñado
de primavera,
pero no mía.

Buena te quiero
como pan que no sabe
su masa buena,
pero no mía.

Alta te quiero
como chopo que al cielo
se despereza,
se despereza,
pero no mía.

Blanca te quiero
como flor de azahares
sobre la tierra,
pero no mía.

Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.

agustín garcía calvo

o pensador libertario
zarpou na ultima travesia
este poema con outros mais
musicado por amancio prada


02-11-2012

nai e criança afastadas




a criança ten uns meses

e apegada a sua nai
nada sabe deste mundo
no que costa camiñar

a criança está soiña
chora que quere mamar
pero non pode facelo
separada está da nai

con mentiras a policia
ela entrou no seu fogar
e agora están as duas
afastadas polo mal
            .   .   .   .   .

nai e criança xa na rua
porque os foron secuestrar?
tras das reixas segue preso
afastadas ai do pai

lariño

silvia e julio independentistas
detidos estes dias co seu meniño
a criança que é lactante
foi afastada da nai cinco horas
sen poder mamar e foron liveradas
sen cargos 36 horas despois
julio segue detras das reixas
galizalivre.org


01-11-2012

dia dos mortos




neste dia dos mortos
de pequeno levabanme aos cimeterios
coma un ritual desta sincretica tribu
do samain aproveitado polos cristiáns

o dia de hoxe deixei de visitalos
pero gosto camiñar por eles
algunha vez cando os habita
o silencio e a soedade
e prefiro ainda mais honrar
a memoria dos que se foron
nos lugares que compartin
con eles cando vivos

segundo un vai medrando
a morte faise mais presente
e nestes ultimos meses e anos
tiven que despedir a persoas proximas
e a compañeiros da miña xeracion

hoxe coa familia visitarei
eses espacios da tribo

manolo pipas

imaxe dunha conífera
do cimeterio de pereiró


30-10-2012

ovellas brancas e negras




varios miles de ovellas

cruzaron o sabado a capital
do reino das eeesssppaaññas
reinvindicando a trashumancia
e a conservacion das cañadas
reclamando o seu dereito de paso
e unha vida digna
algo que campartimos con elas
e son moitas borregas brancas
e algunhas ovellas negras
case igual ca nós manifestándose
pero elas non están rodeadas
polas forzas de in-seguridá

o cronista

Distribuir contido