05-8-2011

a pizarra e o home




territorio da pizarra

muros casas e mais formas
a pizarra que aos homes
ben namora

a corte de mercurin
o pombal de esperante
ferrería nova e vella
que nos canten

entre quiroga e folgoso
seica hai novas canteiras
grandes cortes estragando
esta serra

dia 4 de parada a moreda
con imaxe doutra aldea



04-8-2011

unhas poucas arbores




carballo sabugo bidueiro
pradairo enciña nogueira
salgueiro cerdeira freixo

serbal faia castiñeiro
rebolo acibo abeleira
amieiro sobreira teixo


bosque fraga souto devesa
tantas arbores que dan vida
e tantos arbustos e ervas

de seoane a mercurín a dia 3


04-8-2011

por terras do courel




courel dos tesos cumes

cantounos novoneyra
de quiroga a folgoso
de seoane a moreda

courel dos tesos cumes
o rio o val a serra
a auga a terra a vida
que xa nos da unha aperta

courel dos bosques fondos
devesa de rogueira
que descobrin primeiro
na voz de novoneyra

moitos anos despois
voltei por esta terra

vigo courel 2 de agosto


02-8-2011

val arriba




é tempo de deixar a cidade
deixar uns dias tamen a ria
camiñar cara onde nace o sol
ir polo rio e polo val arriba

é tempo de moverse un pouco
de deixarse levar contracorrente
seguir a estrela mais pequena
por estradas secundarias perderse

é tempo de voltar ao monte
cecais á serra e ao bosque fondo
voltar ás fontes do miño e do sil
cecais subir á terra dos lobos






01-8-2011

a comunidade e o furacán




beatriz

chamaron ao ultimo furacán
que arrasou algunhas rexions
do estado mexica de michoacán

nomes de persoa
especialmente de muller
teñen o costume de porlle
a estas debastadoras
formas de natureza

pola comunidade
autonoma de xayakalan
en resistencia e con desaparecidos
e non recoñecida polo estado
hai unha festa en poucos dias
para sacar alguns recursos
actuan son de maiz e taller del sur
e a entrada son cincoenta pesos
e un kilo de arroz ou frijol

que teñades boa colleita
unha aperta compas


31-7-2011

flores contracorrente




chamase sol a güerita

lua chamase outra amiga
noite é a terceira nena
que da vida a esta cantiga

a nena chamase rosa
violeta a sua confidente
dalia tamen ven ao xogo
seis flores contracorrente

a perla naceu na costa
esmeralda é mais da serra
e nube marcha voando
a chover por outras terras

mar xoga entre as ondas
entre sombras xoga luz
as chamacas todas xuntas
xogan entre norte e sur

chamase sol a cativa
lua a sua confidente
ai as flores de oaxaca
chamacas contracorrente

manolo pipas

versos do libro
a milpa e o paliacate
nos camiños do outro mexico


29-7-2011

como un animal dormido




á beira da praia na ria

esta forma non é o que parece
cecais sexa un animal
que ven do mar mais profundo

á beira da praia da cidade
como un animal dormido
nun longo sono
pero cecais pouco profundo

como un gran animal dormido
que de súpeto vai espertar
que se vai erguer
co mundo ou contra o mundo


27-7-2011

ai gaivota




vello simbolo da liberdade

gaivota do mar  e das illas
agora unha sombra nas cidades

gaivota das illas do mar
agora nos portos e nas lonxas
esquecida do que é pescar

gaivota antes do acantilado
a distancia prudente dos homes
agora aniñando nos tellados

do mar aos basureiros gaivota
nos parques e nas terrazas das prazas
gaivota que agora ataca ás pombas

gaivota que come as sobras
dos novos depredadores do mar
amada odiada incomprendida gaivota



25-7-2011

de bonaval á alameda




ollo esta praza da quintana

un anaco de praza e as escaleiras
un dia de chuvia da lua de maio
a medio dia a quintana baleira

a quintana dos mortos e das vivas
sen corpos sen festa sen bandeiras
como outras prazas aquel dia de maio
coa pouca chuvia que caiu na primavera

hoxe a vintecinco de xullo
a cidade pechada e aberta
da alameda á mazarelos
compostela sar e sarela
do to(u)ral á quintana
de bonaval á alameda

con rosalia e con pereiro
sen pondal e sen bandeiras
esta matria que se para
ai no medio da escaleira
hoxe a vintecinco de xullo
como se busca campostela


24-7-2011

o codice a 24 de xullo



din que a maior ultraxe

á cultura galega
foi o roubo do códice calixtino
que a igrexa tiña tan ben custodiado

din que a mais grande traxedia

ah si ouh

pero alguns pensamos
que ainda maior ultraxe
a esta cultura
é a galicia bilingüe
o partido popular
a igrexa a burguesia …

Distribuir contido