01-7-2011

barcos para gaza


á beira do vello mar entre as terras

tantas e tantas rexions que se desangran
entre guerras e a falsa paz dos muros
dos que se ven e dos que non se ven

cara unha desas terras zarparon
os barcos do desbloqueo
logo da tentativa frustrada
con asasinados o ano pasado

uns barcos partiron para gaza
a chamada frotilla da liberdade
cunha estraña e esperanzada
pasaxe de activistas e periodistas
defensores de dereitos humanos
pensadores e artistas
utopicos e escepticas
e todos eles moi indignados
desde hai moito tempo



30-6-2011

cantiga polo animalista presa


estaba eu na concentracion de vigo

ai pedindo a liberdade do meu amigo
que no penal de teixeiro está preso
que no penal de teixeiro está preso

estaba eu no marco na concentracion
pedindo do meu amigo a absolucion
que sen razón en teixeiro segue preso
que sen razón en teixeiro segue preso

ai pedindo a liberdade da miña amiga
estaba eu xa facendo esta cantiga
contra os opresores muros de teixeiro
contra os opresores muros de teixeiro

ai da amiga e amigo a absolucion esixindo
doenme as rimas e será duro o camiño
ate sacalas a todas da prision de teixeiro
ate sacalos a todos da prision de teixeiro

manolo pipas

onte na porta da cova dos ratos
xa lle puiden dar unha aperta a afro
e dentro as computadoras dxs compas
botaron fume toda a noite

concentracion e documental este venres
na acampada do concello as oito e media
e o luns concentracion  no marco
as oito

29-6-2011

caderno do garcía


órale amigo garcía

e benvido o teu caderno
que agardabamos hai tempo
entre chiapas e galiza

un caderno de viaxe
camiña digno e con raiba
na cidade e nas montañas
facendo comunidade

cronicas e poesias
palabras e ligazons
travesías con paixón
entre musicas garcía

ai cronista serxio regos
vas regando milpas e hortas
no solpor e mais na aurora
ai vai chido o teu caderno

o outro cronista

imaxe no zapatista caracol
de oventik no mencer do 1-1-2009
http://www.cadernodogarcia.blogaliza.org
tamen entrou hai unhas semanas
nos espacios amigos das palabrasenvolventes


27-6-2011

corredoira


os carballos retorcidos

que o corredoira queren cobrir
as pedras do muro cobertas polo mofo
as rodeiras do carro cobertas por follas
o pasado desta corredoira coberto
pola desmemoria dos pasos
cara as sementeiras e as regas
as colleitas e as muiñadas

esta anonima corredoira
non aparece en nengunha
ruta de sendeirismo
nen falta que fai
que siga co se ritmo

24-6-2011

da liberacion animal

         para a mamá lidia


polo val do verdugo
onte vin
saltar un valado a unhas cabras

pero outras duas ficaron arriba
porque tiñan duas patas atadas
e non podian saltar

empezaron
cunha corda pequena
que fai dano ao animal
e logo crearon novos aparatos
e a crueldade e a senrazon
non paran de medrar

      .  .  .  .  .

si amiga olaia
amigo eladio amiga sara...
a liberacion animal e o veganismo
tamen se poden defender

detras dunhas reixas distintas
a esas que queredes derrubar

tamen se defenden con presos
no camiño da etica

           .   .   .   .

olaia eladio sara ...
están detid@s en compostela
e outros compas noutras cidades
acusadas sen probas
de delitos que non cometeron
do chamado eco-terrorismo !!

e como se chama o que fan
os gobernos e as empresas
á natureza e aos animais  ??

o cronista a 24 de xuño

hoxe 26 fican en prision preventiva
en teixeiro olaia eladio e eneko
e foron postos en liberdade con cargos
@s outr@s activistas de equanimal
e igualdad animal



24-6-2011

as brasas


estas poucas brasas

da nosa pequena fogueira
xa se van consumindo
a media noite

o lume deu luz e deu calor
e nas primeiras brasas
foron cociñados
os froitos da nai terra
antes de media noite

a tempada calida
e o seu solsticio
o lume e as brasas
a media noite


23-6-2011

solsticio de vran




ate logo primavera

na noite do vinteun de xuño
fixemos a nosa fogueira

que podemos queimar amiga
eu quixera botar  no lume
alguns medos e mentiras

o dia mais longo do ano
e a noite mais breve
na distancia o regalo
que che fago

21-6-2011

o matorral


o matorral que pechaba a finca

foi arrincado esta primavera                                   
e con el toda a sua vida

o mirto as gramas as hiedras
as silvas e a roseira silvestre
os chuchameles e a madreselva

o matorral pechaba e abria a finca
e fixerase en moitos anos
este pequeno ecosistema de vida

este pequeno ecosistema deu paso
á limpeza pero mui pouca vida
das pedras e os aramios



20-6-2011

o palco da musica


o palco da musica

arquitectura civil
da musica un espacio
un templo todo aberto

o palco da musica
está no centro da alameda
no centro da vila
como corazon da comunidade

o palco da musica
que en tantas vilas e barrios
foi derrubado e borrado
pola senrazon polo sensentido

este palco da musica
dunha antes vila mariñeira
que tanto mar e vida perdeu
por recheos e mais recheos

este palco da musica
da veciña bouzas
resiste

manolo pipas

19-6-2011

irse


La libertad es irse

Imaginando espacios
Y sin contar los pasos
Encomendándose al sol

La libertad es quedarse
Encaneciendo tiempo
Amar y deshojarse
Quizás una canción

La libertad es ver, buscar y hayar
Reconocer y reencontrar
Es insistir, poder estar

La libertad es agua para correr
Isla con mar por conocer
Es pretender, creer

La libertad es irse
Desde ninguna parte
Hacia ningún lugar
Sencillamente andar

yhosvany palma


Distribuir contido