05-6-2011

medio ambiente


hoxe din que é o dia

mundial do medio ambiente
que pouco tempo
para celebrar a vida

hoxe hai unha marcha
en muros a medio dia
co lema consigna proposta
de que coas rias non se xoga
e din que conservar o litoral
é unha garantia de futuro

desde a distancia
na ria do sur escribo estas letras
e na memoria busco unha imaxe
da terra de muros que as acompañe
e lembro da praia e monte louro
naquel tempo do chapapote
tempo que sempre e sempre volta

coa terra e co mar
non se xoga


05-6-2011

de chernobil a palomares


chernobil

escribo e ledes este nome
con medo e con terror

nestas semanas de fukushima
removese moito a historia de chernobil
e escoito nun programa de radio
como a cidade abandonada
é visitada puntualmente por grafiteiros
e alguns amantes das palabras
e contan que hai pouco
alguen escribiu nas suas paredes
perdoame cidade miña

de chernobil a fukushima
de lemoniz a xove
de mururoa a palomares
hoxe é dia do medio ambiente

o cronista

posdata necesaria
o ministro franquista fraga
nunca se deu un baño en palomares
logo de que ao avion yanqui
lle caira unha pequena bomba nuclear
que a secuencia famosa co embaixador
foi grabada en costas do cantabrico

04-6-2011

se tu fores ver o mar




(rosalinda)


Rosalinda
se tu fores à praia
se tu fores ver o mar
cuidado nâo te descaia
o teu pe de catraia
em óleo sujo à beira-mar

A branca areia de ontem
está cheinha de alcatrâo
as dunas de vento batidas
sâo de plástico e carvâo
e cheiram mal como avenidas
vieram para aquí fugidas
a lama a putrefacçâo
as aves já voan feridas
e outras caiem ao châo

Mas na verdade Rosalinda
nas fábricas que alí vês
o operário respira ainda
enveneado a desmaiar
o que mais há desta aridez
pois os que mandam no mundo
só viven querendo ganhar
mesmo matando aquele
que morrendo vive a trabalhar
tem cuidado...

Rosalinda
se tu fores à praia
se tu fores ver o mar
cuidado nâo te descaia
o teu pé de catraia
em óleo sujo à beira-mar

Em Ferrel lá p'ra Peniche
vâo facer uma central
mas para muitos é mortal
os peixes hâo-de vir á mâo
um doente outro sem vida
nâo tem vida o pescador
morre o sável e o salmâo
isto é civilizaçâo
assim falou un senhor

fausto

trovador portugués
da cançâo de intervençao
mañan é dia do medio ambiente
e na ilustracion a illa de ons
no tempo do chapapote

03-6-2011

calado cano


redondos son amiga

os penedos e os castros
que deron tanta vida
e o longo cano de pedra
tamen xa da unha volta
pero auga xa non leva

vello cano de granito
tanta memoria calada
camiñei porriba tua
soñando coas tuas augas

ai cano
de pedra
calado
que pensas

polo aloia



02-6-2011

xanela circular


o branco das paredes

a xanela circular
e a luz

do branco ao gris
varios tonos
circulares

a xanela
e tras ela so vemos
mais branco circular


01-6-2011

rapazas meigas


as rapazas

as bruxas
as meigas
as rapazas boas
entre obedientes e submisas
as rapazas malas
moitas delas rapazas libres

o ceo e o inferno
e o inframundo
superando aos dous

ai esas rapazas
que van onde elas queren


30-5-2011

conciencia grafica




cruzo a porta do espacio dun amigo

o seu portal de traballo de creacion
partindo da imaxe a fotografia e o video
os ollos cámara e a cámara ollada

lembro o dia que coñecin ao mexica 
un primeiro de maio na cidade de oaxaca
a cidade dous anos despois da revolta
esta rexion que a tantos nos trapou

retratos do noso outro mexico
e esas olladas coas que se enfrenta
o sexo e o outro sexo e a vida e a morte
antropoloxia e compromiso cos de abaixo

a conciencia das nosas artes
as longas pláticas nunha calida mesa
oaxaca entre corrido son jarocho e jazz
os tianguis e malabares danza e teatro

e sempre que abres a porta
do colectivo espacio do edson
a ollada do vello que che di
pasa compa ándele pues

manolo pipas

conciencia gráfica
é un dos traballos do compañeiro en
http://edsoncaballero.wordpress.com
que incluimos nos espacios amigos



29-5-2011

compostelana nasa


a nasa unha nave

acampada en compostela
din que periga a sua travesia
ai nave de servicios artisticos
que antes foi nave industrial
pero a cultura alternativa
non se leva ben co mercantil

a ultima vez que me subin nela
foi o pasado dia oito deste mes
con galiza non se vende
a primeira vez foi cecais
nun evento de insubmision
hai uns poucos moitos anos

ai a nasa e a sua tripulacion
que paixon pola cultura
golpeada pola sen razon

o cronista


27-5-2011

espectaculos


un dos espectaculos

mais grandes do mundo
son vintetres persoas
correndo nun campo de erva
detras dunha forma redonda
cando eles queren


outro dos espectaculos
mais grandes e tristes do mundo
son as forzas represoras golpeando
as persoas dun pacifico campamento
como hoxe en barcelona e lleida
porque outros quixeron e mandaron
e os primeiros obedeceron

somos netos das lexions
e do circo romano
ainda que alguns de nós 
non queremos


o cronista

27-5-2011

a luz de vela


Ya no recuerdo quien soy

Una canción se parece a una escuela
De tanto ir ya no voy
Al lugar donde aullan las fieras
Una bandera al dolor
Una canción solo añade quimeras

A luz de vela
Una verdad solo llega a ser eso
Lugar y tiempo, palabra plena
Coraje y huesos

Ya no recuerdas si vas
Pero el ir no conoce el fracaso
Nadie te puede negar
El recuerdo que dejan tus pasos

Todo está vivo por ti
Nada debes ni tu ni tu sombra
Toda la historia eres tú
Y eres de donde el aire te nombra

E luz de vela
Una verdad solo llega a ser eso
Lugar y tiempo, palabra plena
Coraje y huesos

yhosvany palma

trovador cubano en vigo
hoxe á noite nesta cidade
no xancarajazz presenta
o seu disco aviso de vida 

Distribuir contido